lunes, 19 de octubre de 2015

Movementos da Terra



A Terra ten 2 movementos, o de Rotación e o de Translación.
O movemento de Rotación, como xa sabedes, da lugar ao día e a noite. A continuación déixovos unha imaxe para repasar o estudado, a ver se sodes capaces de situar:

- O eixe de rotación.
- O ecuador
- O hemisferio norte e o hemisferio sur.
- O polo Norte e o polo Sur.
- Explicar por qué unha zona está de cor clara e outra escura.


Ademáis, lembrádevos que o movemento de Translación do noso planeta da lugar ás estacións do ano. Así, cada 3 meses hai cambios nas temperaturas e nas precipitacións, e temos as 4 estacións. Na seguinte imaxe podedes repasar os conceptos que estudamos na clase, e se tedes algunha dúbida podédesma preguntar o próximo día na clase ou facendo un comentario nesta entrada.



Pasade un bo día de outono, jeje, xa vístedes onde aparece esa estación na imaxe?

No hay comentarios:

Publicar un comentario