lunes, 19 de octubre de 2015

Comezamos

Ola nenos e nenas, hoxe comezo esta viaxe, onde desexo que atopedes recursos e materiais que vos fagan máis ameno o estuda da materia de Ciencias Sociais. Aquí deixareivos actividades, xogos, imaxes e información que espero vos guste e vos anime a profundizar nos conceptos que traballamos na clase; tamén teredes a oportunidade de ver os vosos traballos publicados.

E para ir abrindo boca, deixovos un vídeo, que xa vimos na clase e sei que vos gustou moito. Nel víamos o movemento de rotación do noso planeta, auroras boreais, as zonas do planeta que usan máis electricidade,...e todo isto visto dende a Estación Espacial Internacional (International Space Station, ISS).





Un saúdo.

A vosa mestra.

No hay comentarios:

Publicar un comentario